12 nov 2017

PROGRAMACIÓNS e ADAPTACIÓNS para o alumnado con TEA


Á hora de abordar o traballo académico dun alumno ou alumna con TEA e, en función dos informes diagnósticos e de seguemento dos rapaces e rapazas, pódense e débense realizar una serie de ADAPTACIÓNS nas metodoloxías dos mestres. Estas adaptacións metodolóxicas deben plasmarse nos seguintes documentos:
  
1.- PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. Obrigatoriamente debe ser parte do PROXECTO EDUCATIVO de centro (art. 121.2 da LOE). Debe elaborarse nos departamentos de orientación dos centros conforme se establece no art. 12 do Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
2.- A PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA debe realizala cada mestre no contexto da súa aula partindo do principio de individualización, que recoñece a singularidade do alumnado, empregando unha metodoloxía que permita distintos ritmos de aprendizaxe, incorporando a apredizaxe significativa e os criterios de avaliación segundo os estándares de aprendizaxe, repectando que a avaliación sexa continua e global e teña en conta o progreso de cada alumno ou alumna no conxunto das áreas (art. 20 da LOMCE). É importantísimo facer unha adaptación nas avaliacións do alumnado. Moitas recomendacións e criterios de adaptación pódense atopar na GUIA TEAVi
3.- ADAPTACIÓNS (AC). En canto ás adaptacións metodolóxicas o Decreto galego de atención á diversidade distingue claramente entre as medidas ordinarias e extraordinarias, incluíndo nestas últimas as "adaptacións curriculares". 

FERRAMENTAS INFORMÁTICAS
pdc generatorPDC GENERADOR





 PROGRAMAME



Estas dúas ferramentas informáticas gratuitas permiten facer programacións didácticas, adaptacións curriculares, entre outras moitas aplicacións.

NORMATIVA
Na Orde do 6 de outubro de 1995 (D.O.G. nº 213 do 7 de novembro de 1995, regúlanse as adaptacións do currículum nas ensinanzas de réxime xeral, distinguindo entre medidas de reforzo educativo e adaptacións curriculares, que sería equivalente as medidas ordinarias e extraordinarias antes mencionadas do Decreto 229/2011 de atención á diversidade, e que comunmente se denomínan tamén adaptacións non significativas e adaptacións significativas. 
ARTIGOS
Santiago Moll, publica un artigo moi interesante no seu blogue "justificaturespuesta", no que diferencia entre estas dúas medidas. As adaptacións NON significativas non supoñen modificación nos contidos curriculares, a diferencia das adaptacións curriculares AC, que ademáis de modificar o curriculo oficial teñen unha importante repercusión na promoción do alumno ou alumna pois podería supoñer que non acadase a Titulación. Tamén Jesús Jarque García  describe estas medidas pormiudadamene na páxina mundoprimaria.com