Axuda a JAWS

O blogue estruturase de xeito que as entradas atópanse no centro da pantalla. Na parte superior das entradas establécese unha barra de pestañas coas paxinas do blogue. Na metade esquerda atópase a lista de blogues de interese. Na metade dereita pódese acceder a documentos e enlaces de interese. Se tes algunha dúbida ou problema podes enviarnos un correo electrónico.

Traballando a convivencia

Sair do círculo
Haydée Mesa publica esta interesante dinámica grupal para traballar a convivencia na revista Educacion 3.0. Nun  post anterior publicamos unha recopilación de dinámicas grupais que describe Haydée, nesta ocasión propón o seguinte exercicio:
Pautas: un grupo de alumnos fai un cículo entrelazando os brazos. 
Consignas: un rapaz sae do círculo e o mestre dalle a consigan de que cando volva ao círculo ten que tentar escapar del o máis rápido posible sen tardar máis de dous minutos. Para as persoas que forman o círculo a consigna é que teñen que evitar que as fugas mais se a persoa pide verbalmente sair teñen que abrir o círculo e deixala sair. 
 Avaliación: débese concretar, con axuda de preguntas, os seguintes aspectos:
  • Determinar cal é o conflicto básico e os secundarios, no seu caso.
  • Contrastar cómo se sentiron os participantes do círculo e o que tenta escapar.
  • Analise dos métodos empregados por cada parte para acadar o seu obxectivo.
  • Procurar outros exemplos destas actitudes e métodos na vida cotiá dos participantes.

Na procura de valentes

Mediaset lanzou un vídeo nunha existosa campaña de concienciación contra o bullying. "Langui", un rapeiro moi coñecido polos escolares, interpreta co seu fillo este rap, que está acadando moita difusión. Os valentes son as testemuñas que teñen a coraxe de actuar ante unha situación inxusta. Sumámonos a esta xenial iniciativa. Forza valentes!!!

Creacion de actividades educativos

Hai moitas ferramentas para realizar actividades ou recursos educativos fomentando o emprego das TICs nos centros. Educaplay é unha plataforma colaborativa de creación de recursos que conta con 17 tipo de actividades distintas. Conta cunha comunidade que comparte 725721 recursos e 1224512 usuarios.
O emprego de recursos educativos co alumnado con TEA é moi interesante ao atoparse no ámbito dos intereses deste alumnado favorecendo a atención e minimizando a fatiga que produce métodos tradicionais de aprendizaxe.
 educaplay

Xuntanza en prol da diversidade - abril 2017

NOVAS
O conselleiro Román Rodríguez mantivo unha xuntanza con 24 entidades de atención á diversidade, na que participou TEAVi, para afondar en accións específicas de inclusión educativa deste alumnado, como o deseño dun currículum flexible e acreditación de competencias. Queremos agradecer á Consellería estos espazos de traballo nos que se pode compartir as inquedanzas, necesidades e propostas dos axentes educativos.

Proxecto TEAVi 2015

Análise dos RESULTADOS do Proxecto TEAVi 2015
O traballo da comisión de educación da asociación TEAVi comeza no 2015 coa publicación neste blogue do primeiro PROXECTO en materia de educación.
Fixemos una contextualización dos condicionantes legais e sociais e da realidade do alumnado con TEA en Galicia e de ahí surdiron as dúas propostas de traballo.  As liñas principais do proxecto foron:
1 Participación na FORMACIÓN específica do profesorado no trastorno
2 Elaboración dunha GUIA DE ESTRATEXIAS concretas para axudar nas labores docentes.
Este é o traballo realizado e os resultados acadados neste dous anos:
Todos estes resultados superan ampliamente as espectativas sobre o Proxecto. Noraboa!! a todas as persoas que fixeron posible este pulo na mellora do día a día dos nosos nenos, das familais e da sociedade.

ATOPA

 

A asociación TEAVi asinou un compromiso de colaboración para acción de voluntariado coa UNIVERSIDADE de VIGO. Propoñemos no marco de este compromiso o:
PROXECTO ATOPA
Dirixido a voluntarios e voluntarias con coñecementos en programación para desarrollar unha aplicación informática que permita facer SOCIOGRAMAS de aula. Pode consultarse información sobre esta ferramenta de traballo para a convivencia escolar neste POST do blogue. As persoas interesadas poden dirixirse a:
CRISTINA LÓPEZ BRAVO  (clbravo@det.uvigo.es
- Oficina de VOLUNTARIADO (voluntariado@uvigo.es). 

2 DE ABRIL, día Mundial de concienciación sobre o Autismo

"Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible" é o slogan elixido este ano para celebrar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo
http://diamundialautismo.com/

TEAVi firma un convenio de cooperación educativa coa Xunta de Galicia

Onte tivo lugar nas instalacións de Litus en Vigo (instalacións cedidas pola súa directora e socia colaboradora María Pacín Sanluis, como sede da nosa asociación), a firma do CONVENIO DE COOPERACIÓN EDUCATIVA ENTRE A CONSELLERIÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DA XUNTA DE GALICIA E A ASOCIACIÓN DE TRASTORNOS DO ESPECTRO AUTISTA DE VIGO (TEAVi).
Dende TEAVi queremos agradecer ao Conselleiro de Educación D. Román Rodríguez e a todo o seu equipo a boa disposición e colaboración coa nosa asociación.
Hoxe demos un paso máis á fronte. Parabén a todos!!



xuntaxunta



Gamificación

 
¿Qué é
gamificacion


Nesta web explícanse as claves da gamificación explicadas dende a mecánica e as dinámicas do xogo Trátase de introducir o xogo nas aulas en prol de aumentar a motivación, a implicación, a participación, a socialización, a autonomía, a creatividade e a toma de decisións, como apoio á metodoloxía pedagóxica do docente.

Algúns exemplos de aplicacións gratuitas:

1. Kahoot. Pódense facer concursos na aula. O alumnado debe escoller a resposta correcta entre catro alternativas posibles.
 kahoot


Para empezar a traballar con esta ferramenta pódese consultar este enlace de educación 3.0. Pódense facer cuestionarios ou utilizar os que xa están feitos. Algún exemplos para primaria nas diferentes materias: 22 KAHOOTS PARA PRIMARIA Como alternativa cando os rapaces non dispoñen de dispositivos móviles: Plickers.

2. ClassDojo Esta ferramenta permite aos docentes traballar o comportamento e a convivencia na aula. Apropiado para educación primaria.
 classdojo

3. ClassCraft. Xogo de rol educativo en liña para mellorar o comportamento, a convivencia e a implicación do alumnado. Apropiado para educación secundaria.


4. Nestes dous enlaces hai unha recopilación de aplicacións:

5. Xogos específicos para TEA:
whizkidgames

Autism games, whiz kid games





Apps de Planeta imaginario para ipad: AbaPlanet e iSeqüencies

A viaxe de Elisa

O videoxogo, impulsado por Fundación Orange, conta co deseño pedagóxico dos profesionais de Autismo Burgos y a realización técnica da empresa Gametopia Games. Dirixidoa docentes e alumnado de educación secundaria.

http://www.elviajedeelisa.es/

App para Android, IOs e xogo online. "El Viaje de Elisa" é un videoxogo que axuda a entender mellor as características e necesidades das persoas con autismo, en especial ca Síndrome de Asperger. A través de diversos minixogos e cunha épica istoria de SciFi de trasfondo, os xogadores terán que superar os retos aos que se enfrenta Elisa.
O xogo ven acompañado de material didáctico que servirá de apoio aos docentes que queiran realizar actividades en clase, ademais de información xeral para entender mellor a Síndrome de Asperger.