17 abr 2017

Xuntanza en prol da diversidade - abril 2017

NOVAS
O conselleiro Román Rodríguez mantivo unha xuntanza con 24 entidades de atención á diversidade, na que participou TEAVi, para afondar en accións específicas de inclusión educativa deste alumnado, como o deseño dun currículum flexible e acreditación de competencias. Queremos agradecer á Consellería estos espazos de traballo nos que se pode compartir as inquedanzas, necesidades e propostas dos axentes educativos.