Axuda a JAWS

O blogue estruturase de xeito que as entradas atópanse no centro da pantalla. Na parte superior das entradas establécese unha barra de pestañas coas paxinas do blogue. Na metade esquerda atópase a lista de blogues de interese. Na metade dereita pódese acceder a documentos e enlaces de interese. Se tes algunha dúbida ou problema podes enviarnos un correo electrónico.

Traballar coas emocións

Hai moitas ferramentas e recursos para traballar as emocións co alumnado. É moi importante coñecelas e xestionalas xa dende as primeiras etapas da escolarización porque van a axudar aos nenos e nenas a estar ben e a entender aos demais. Para os rapaces e rapazas con TEA este aprendizaxe é fundamental porque a empatía co grupo, que é bastante intuitiva e  natural  para a maioría dos nenos, é unha tarefa case imposible para eles sen un traballo intencionado e constante.
Unha boa educación emocional ensina que non hai emocións boas ou malas, todas son necesarias e cumpren unha función. Por exemplo: o medo axuda a afastarnos dos peligros, a tristeza atrae a axuda dos demais cando mais a precisamos, etc. É importante coñecer as emocións e aceptalas.

Aquí deixamos dúas entradas cunha seleción de CONTOS e CURTAS para traballar na aula.

contos   cortometrajes

O alumno con TEA: un emocionante reto para o docente!

autismo educacion
Excelente artigo de Daniel Comin, publicado por Autismo Diario, no que se tratan os principais retos  que se atopará un docente nas súas primeiras experiencias cun alumno ou alumna con TEA: a comunicación, as desordes sensoriais, o déficit nas funcións executivas, os estados emocionais e as relacións coas familias,cunha visión positiva emotivadora.

Recursos TIC. Contidos do curriculo

agrega
Agrega 2 é unha iniciativa desenvolvida entre o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, Red.es e as comunidades autónomas. A federación de repositorios de obxectos dixitais educativos Agrega é unha plataforma que conta con nodos en todas as consellerías de Educación das comunidades autónomas. Os contidos educativos que se poden atopar están organizados de acordo co currículo das ensinanzas de niveis anteriores á universidade e están preparados para a súa descarga e uso directo polo profesorado e o alumnado.

TIC para educacion especial

ardilla digitalArdilla Digital, recursos dixitais para educación especial do pedagogo e profesor de EE Santiago Ferrer. Organizados atendiendo á seguinte clasificación de recursos: actividades e aplicacións software, recursos online, recursos en papel e documentos. Trátase dunha selección de recursos de diversa índole que permitirán planificar e desenvolver a intervención con alumnos con necesidades específicas de apoio educativo


ticne

TICNE ten un catálogo de solucións TIC paa alumnos con NEAE. Este catálogo é unha fonte orientadora de información e produtos dispoñibles para o emprego das TIC para os alumnos con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE). Non é unha ferramenta diagnóstica nin prescritiva. A través do portal e de distintas opcións de procura moi elaboradas, pódese acceder a noticias e información sobre unha gran cantidade de recursos e axudas técnicas, así como localizar materiais moi específicos.



Ponencias III XORNADAS TEAVi_

Iago_Fonseca                            María_Pacín                             Fabián_Gallié
 Iago Fonseca Fabián Gallié María Pacín

Os días 3 e 4 de Xuño tiveron lugar na Cañiza as III Xornadas sobre TEA e TDHA organizadas pola asociación TEAVi_ e ANEPA, coa colaboración do Concello da Cañiza.Todas as ponencias foron moi interesantes. As persoas que asistimos aprendemos moitas cousas e sobre todo empapámonos da ilusión de crer que unha educación inclusiva é posible, aínda que resta moito por facer. Para as persoas que non puideron asistir, deixamos un extracto das ponencias de Iago_Fonseca, María_Pacín e Fabián_Gallié, socios colaboradores da asociación TEAVi_.

O cazo de Lorenzo

Esta curta explica moi ben como se pode potenciar as características dos nenos diferentes, con TEA ou "cun cazo", atendendo á súas diversidades. O libro de Isabelle Carrier adaptado e levado ao cine por Éric Montchaud.

O futuro da educación

Estes dous artigos reflicten o momento de crise do sistema educativo que estamos vivindo. O sistema non está adaptado aos vertixinosos cambios sociais. Reclámase dende todos os foros un sistema flexible, que atenda as diversidades as singularidades de cada rapaz e rapaza, que respecte os ritmos de aprendizaxe e no que o alumnado sexa o protagonista. Que se respecte a liberdade no aprendizaxe individual sen coacción, guiando aos rapaces e rapazas para que establezan unha xerarquía de valores que lles permita alcanzar o seu proxecto de vida participando activamente nunha sociedade democrática, tolerante e repectuosa. 
Esto non pode alcanzarse nun sistema no que prima "rematar o libro de texto a toda costa" coaccionando as familias para que deixen de educar e disfrutar dos seus fillos e se convirtan en "mestres na casa", prolongando durante todo o día o horario escolar. Os nenos dedican máis tempo ao colexio, dentro e fóra de el, que os adultos ao seu traballo. Pero cando o adulto remata o traballo chega a casa e ten que facer de mestre porque hay que rematar os máis de 10 libros de texto que ten cada un dos seus fillos. Baixo a ameaza de que "o fillo suspende". Non importa o que saiba, o importante e que faga os "deberes" e así o ano que ven mercar mais libros. Hai que rematar o libro e, a ser posible, aprendelo de memoria, ainda que non se entenda, como se fose unha verdade absoluta que nos vai salvar non sabemos de qué.
"Máis escola menos aula"
 
"Xesuítas cree que sobra o 20% do currículo"
Los Jesuitas creen que sobra el 20% del currículo

Cultura e Educación e ASPERGA

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e maila Asociación galega de familias afectadas pola síndrome de Asperger (ASPERGA) estreitan a súa colaboración co fin de mellorar a atención educativa ao alumnado afectado pola síndrome de Asperger e TEA.
xunta




Por cuatro esquinitas de nada


por cuatro esquinitas de nada   Jérôme Ruillier, é o autor deste libro que trata sobre a diversidade, explicada de xeito sinxelo e sorprendente para os rapaces. Reflicte as diferenzas individuais dende o respecto e coa vontade de eliminar as barreiras que exclúen.

Adaptación con pictos realizada por Esther Cuadrado:

esther cuadrado

Sistema educativo obsoleto

Este artigo reflicte moi ben a situación do sistema educativo na actualidade, plantexando unha análise dende o que denomina: "os tres pilares da educación: o maestro, a metodoloxía y o fin". E engadindo ideas, solución e incluso proxectos propios para melloralo
unidad focus