26 sept 2017

PIUNE

PIUNE
Programa de Integración de Universitarios con Necesidades Especiais (PIUNE) da Universidade de Vigo. Este programa posto en marcha pola Universidade de Vigo ten como obxectivo apoiar aos estudantes con algún tipo de necesidade educativa específica, e fomentando unha completa igualdade de oportunidades e a súa completa integración na vida universitaria.

Mediante este programa os estudantes poderán recibir:
  • Atención, acollida e asesoramento polo Servizo de Extensión Universitaria  en coordinación co gabinete psicopedagóxico da universidade.
  • Soporte ao estudo (adaptacións curriculares, recursos técnicos de apoio...).
  • Acompañamento en actividades diversas por voluntarios da Uvigo.