28 may 2017

I Foro de Educación "Faro Impulsa" en Vigo

faro impulsaA comisión de educación de TEAVi asistimos o 27 de Maio ao I Foro de educación Faro Impulsa en Vigo. Ainda que non se trataba específicamente a diversidade todas as propostas innovadoras que escoitamos describen unha escola inclusiva, que respecta ritmos de apredizaxe e que fomenta a convivencia. Nos quedamos coa resposta que nos deu Javier García, director do CEIP Viñagrande (Vilanova de Arousa), de que na súa "nova escola" non hai diagnósticos!" todos son diferentes e iguais.
Resumimos as propostas que nos pareceron mais interesantes no senso de que se poden levar a práctica de xeito inmediato e que suporían unha mellora significativa na situación dos nosos nen@s con TEA nos centros escolares.
tei
PROGRAMA TEI. Exemplo da implantación concreta do programa nun centro galego: o CEIP RECIMIL (Ferrol). Este programa trata de formar aos nenos na convivencia e desenvolve a estrexia de titoría entre iguais, de tal xeito que se crea unha rede de titores e titorizados. Os titores median na resolución de conflictos e a súa labor vese recoñecida na sociedade.
ceip-de-vinagrande-deiro
POR UNHA NOVA ESCOLA. CEIP VIÑAGRANDE DEIRO (Vilanova de Arousa). Neste colexio implantouse unha innovadora metodoloxía educativa, dentro do marco da LOE e da LOMCE, na que non hai libros de texto, os nenos de distintas idades conviven na creación de actividades nos que se mesturan as materias, buscando á apredizaxe significativa. Non se fala de inclusión porque as diferenzas non son un problema.

Estas propostas amosáronse nos talleres da tarde. A xornada da mañá pode verse no seguinte vídeo: