17 may 2017

Actividade de convivencia. Explicando o acoso escolar


http://fabiangallie.esy.es/proxecto%20tribus/acosoescolar/index.html
O traballo sobre o acoso escolar ou bullying é unha tarefa que os mestres deben traballar nos centros educativos para que a convivencia entre os escolares sexa o máis axeitada posible e que ningún alumno ou alumna poida padecer este temible maltrato. Dende o CEIP Mestre Valverde Mayo unha iniciativa leva ó propio alumnado de sexto a formar os seus compañeiros sobre este tema.
Despois de pasar unhas enquisas e comprobar que queda moito traballo por facer, deciden dar unha charla formativa en terceiro e quinto co obxetivo de informar e ofrecer solucións ante a posible existencia dalgún tipo de acoso. Este é o resultado!