16 abr 2017

Proxecto TEAVi 2015

Análise dos RESULTADOS do Proxecto TEAVi 2015
O traballo da comisión de educación da asociación TEAVi comeza no 2015 coa publicación neste blogue do primeiro PROXECTO en materia de educación.
Fixemos una contextualización dos condicionantes legais e sociais e da realidade do alumnado con TEA en Galicia e de ahí surdiron as dúas propostas de traballo.  As liñas principais do proxecto foron:
1 Participación na FORMACIÓN específica do profesorado no trastorno
2 Elaboración dunha GUIA DE ESTRATEXIAS concretas para axudar nas labores docentes.
Este é o traballo realizado e os resultados acadados neste dous anos:
  • I Xornadas específicas de sensibilización e formación no ámbito do TEA
  • II Jornadas específicas de sensibilización e formación no ámbito do TEA
  • III Jornadas específicas de sensibilización e formación no ámbito do TEA
  • Participación na formación específica de grupos de traballo co CFR de Pontevedra.
Todos estes resultados superan ampliamente as espectativas sobre o Proxecto. Noraboa!! a todas as persoas que fixeron posible este pulo na mellora do día a día dos nosos nenos, das familais e da sociedade.