9 mar 2016

28ª Semana da Prensa na Escola

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2016/03/09/superar-barreras/0003145709
La Voz de Galicia ten unha sección semanal, que se publíca os mércores, denominada La Voz de la Escuela. Esta semana publica un artigo de Ana T. Jack . 
 "Superar barreras. 20 claves para comprender a un niño con autismo"
Ángel Riviére, foi un psicólogo e científico cognitivo español, especialista en nenos con trastorno do espectro do autismo. Foi catedrático de Psicología Cognitiva dende 1990 asta a súa repentina morte en 2000. Deixou moita bibliografía. Neste artigo a autora recopila unha síntese de 20 principios, que según Riviére, pediría un rapaz con un TEA se puidera facelo e que axuda a comprender o trastorno:
 
1 Organiza o meu mundo e facilítame que anticipe o que vai suceder.
2 Non te angusties conmigo, porque me angustio. Respecta o meu ritmo.
3 Non me fales demasiado nin demasiado deprisa.
4 Faime saber cándo fixen ben as cousas.
5 Dame orden e evítame a sensación de caos.
6 Axúdame a entender o que teño que facer.
7 Non me invadas excesivamente. Ás veces os demais sodes demasiado imprevisibles e ruidosos.
8 O que fago non é contra ti, teno claro. Cando teño unha rabieta ou máncome, se destruo algo ou móvome en exceso, non estou tratando de facerte dano.
9 O meu desenvolvemento ten a súa propia lóxica, ainda que non sexa doado de entender.
10 O meu mundo non é complexo e pechado, senon sinxelo.
11 Non me pidas sempre as mesmas cousas nin me esixas as mesmas rutinas. O autismo teño eu, ¡non tí!
12 Non soamente teño autismo, tamén son un neno. Góstame xugar e divertirme, quero aos meus pais e ás persoas que están preto, síntome satisfeito cando fago as cousas ben.
13 Merece a pena compartir experiencias conmigo.
14 Non me agredas químicamente.
15 Nin os meus pais nin eu temos culpa do que me pasa. Tampouco a teñen os profesionais que me axudan.
16 Non me pidas constantemente cousas por riba do que son capaz de facer. Pero pídeme o que podo facer para se lo más autónomo posible.
17 Preciso estabilidade e benestar emocional ao meu redor para estar mellor.
18 Axúdame con naturalidade e sen convertilo nuhna obsesión.
19 Acéptame como son.
20 A miña vida pode ser satisfactoria se é sinxela, ordeada e tranquila. Ter autismo é un modo de ser, ainda que non sexa o normal. 

No hay comentarios :

Publicar un comentario